Susana Moreira
A tenda Mercería y Confección Susana Moreira acaba de cumprir 10 anos desde a súa apertura na avenida de Galicia, número 7, de Ribadeo e vai celebralo sorteando unha saia indiana a través da súa páxina en Instagram. A propietaria do establecemento, Susana Moreira, explica que “a participación abrirase este xoves, día 14 de maio, e rematará o luns 18, cando se celebrará o sorteo e a persoa gañadora poderá escoller entre 5 modelos diferentes de saia, de distintas telas e que se poden adaptar á talla da afortunada”.
Susana Moreira fai un balance positivo destes dez anos do seu negocio porque conta con moita clientela fixa e pola gran evolución que experimentou: “a tenda actual non ten nada que ver coa do principio, é moi diferente”. E explica os motivos da transformación do establecemento: “empecei abrindo varios campos como paquetería,...
leer más



