O XIII Festival Aturuxo, de Bravos (Ourol), celebrarase os días 19 e 20 de xullo

A deputada provincial de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno, participou na presentación da décimo terceira edición do Festival Aturuxo de Bravos (Ourol), que tivo lugar na Sacabeira, en Sargadelos (Cervo), xunto á presidenta da Asociación Cultural Aturuxeiros, Carmen Rivera Vidal. O festival celebrarase os días 18 e 19 de xullo no concello de Ourol, coa colaboración da Deputación de Lugo, que “achega 5.000 euros para apoiar a organización desta cita xa consolidada dentro do calendario cultural da Mariña”.

Nesta edición, o cartel do festival Aturuxo inclúe concertos de Sonoro Maxín, Belém Tajes, Filophóbicas ou Zeltia Irevire, entre outros artistas.