
A Asociación de Veciños O Torques de Marzán organiza este sábado 16 de agosto a súa tradicional Gran Churrascada, que terá lugar a partir das 20:00 horas na explanada do Pavillón de Deportes.
O menú inclúe churrasco, empanada, chourizo, pan, viño e refrescos por un prezo de 15 euros. A xornada estará amenizada por un dj colaborador e polo grupo musical Xanas, garantindo boa música e diversión para todos e todas.
A partir das 00:00 horas, celebrarase unha gran queimada co seu conxuro especial a cargo do carismático Druída do Cu do Castro, poñendo un toque de maxia á noite.
A churrascada conta coa colaboración do Concello de Foz, Gadis e distintas persoas e negocios da zona.
Para máis información e reservas, os asistentes poderán poñerse en contacto coa Asociación de Veciños (684 151 730 // aavvtorquesdemarzan@gmail.com) ou con Mila (677 616 404).