Día da Infancia

Etiquetas:
02/01/2026

O Concello de Xove celebra este ano unha das súas xornadas máis especiais dentro da programación do Nadal: o Día da Infancia, “unha actividade pensada para facer as delicias dos máis pequenos da casa. Terá lugar o domingo, 4 de xaneiro, converténdose no colofón perfecto antes de despedir as festas co seu punto máis destacado: a tradicional Cabalgata de Reis, que percorrerá -se o tempo o permite- as rúas de Xove o día seguinte, 5 de xaneiro”.

Durante toda a xornada do domingo, os nenos e nenas poderán gozar dunha “ampla oferta lúdica pensada exclusivamente para eles. En horario de mañá e tarde a Piscina Municipal acollerá divertidos xogos acuáticos, nos que os rapaces poderán participar e pasalo en grande. Xa pola tarde, a partir das 16:00 horas, a diversión trasladarase ao Pavillón Municipal, onde haberá diferentes inchables para saltar,...

leer más
03/01/2025

Xove terá o Día da Infancia este sábado, 4 de xaneiro, e a Cabalgata de Reis o domingo día 5.

O Departamento de Cultura do Concello de Xove programa numerosas actividades para a infancia esta fin de semana: o sábado celebra o Día da Infancia de 10:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 19:30 con xogos acuáticos na piscina municipal e a partir das 16:00 horas con inchables no pavillón municipal de deportes; e o domingo 5 a partir das 19:00 horas as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente chegan a Xove na tradicional cabalgata, despois de visitar a Residencia San Bartolomeu. Chegarán arredor das 20:00 horas ó pavillón municipal, onde comezará unha festa para nenas e nenos coa animación infantil dunha disco móbil.