O Valadouro celebra as Festas do 8 na honra da Nosa Señora do 6 ao 9 de setembro

O Valadouro xa se prepara para gozar das súas tradicionais Festas do 8, que este ano chegan cargadas de música, gastronomía e actividades para todas as idades. O recinto festivo estará cuberto con carpa todos os días.

O sábado, 6 de setembro, darán comezo as celebracións coa sesión vermú do grupo Primera Línea ás 14:30 horas. Pola noite, os asistentes poderán desfrutar da I Mexillonada Popular gratuíta a partir das 21:00 horas, seguida da Gran Churrascada ás 21:30 horas, servida polo Bar Fénix de Castro de Rei. O menú inclúe empanada, chourizos criollos e vermellos, bebida e café, a un prezo de 20 euros para adultos e 10 euros para nenos de 4 a 12 anos. A xornada pecharase coa música de Primera Línea, DJ Somiiux e The Sound Project.

O domingo, 7 de setembro, ás 13:00 horas terá lugar a actuación da Asociación Cultural Amado Lar, e ás 14:00 horas a sesión vermú co Grupo Fénix. Xa pola noite, ás 22:30 horas, a festa continuará cunha gran verbena protagonizada polo Grupo Fénix e a Discomóvil Conxuro.

O luns, 8 de setembro, será unha xornada marcada pola tradición, coa misa solemne ás 12:00 horas e a sesión vermú co grupo Mar de Arousa ás 14:00 horas. A noite rematará por todo o alto cunha gran verbena a cargo de Mar de Arousa e Gran Parada.

O martes, 9 de setembro, celebrarase ás 12:00 horas terá lugar a misa solemne, seguida de procesión e concerto da Asociación Cultural O Compás do Río Ouro. Xa á tarde, ás 14:30 horas a música continuará coa sesión vermú do grupo Fussión. A partir das 17:00 horas, os máis pequenos serán protagonistas no Día do Neno, con inchables, tobogáns e festa da escuma. Para poñer o broche final, ás 22:30 horas celebrarase a gran verbena co Grupo Fussión e o Combo Dominicano.

As Festas do 8 de O Valadouro unen música, gastronomía e momentos con familia e os amigos durante catro días cheos de actividades.