O Valadouro
A Concellería do Medio Rural do Concello do Valadouro informa do aprazamento de todas as actividades que ian ter lugar o domingo, 15 de outubro.
Trátase dun cambio motivado polas previsións meteorolóxicas de chuvia para ese día, o que obriga á organización a un cambio de data da Xornada Micolóxica, a sesión vermú a cargo de Brétema Band e a degustación dunha paella xigante a base de cogomelos.
Desde a Concellería de Medio Rural lamentan “as molestias causadas e avisaremos con antelación da nova data proposta”.
Como sempre en Valadouro, no inicio do outono, cobra especial protagonismo o mel como produto estrela do val, tantas veces louvado e premiado polas principais institucións galegas do gremio.
Neste 2023, cúmprese a 36ª Edición da Feira do Mel e a Concellería de Medio Rural con Eduardo Chao á fronte, presenta un completo e variado programa que se estende ao longo da vindeira semana e que tamén abrangue aparte do prezado liquido a outro produtos de tempada, como por exemplo a xornada micolóxica do domingo que fará as delicias dos moitos afeccionados aos fungos que habitan a nosa bisbarra.
A programación principia o mércores, 11 de outubro, ás 10:00 da mañá cun Obradoiro de Extracción de Mel para nenos/as de 3 a 12 anos, pero aberto a todo o público, na Casa da Cultura do Concello de Valadouro a cargo da Delegación da...
leer másO Concello do Valadouro organiza actividades para persoas adultas, que empezarán o día 9 deste mes, luns, e desenvolveranse ata o 7 de xuño de 2024. O prazo de inscrición para participar está aberto. As solicitudes realizaranse nas Oficinas Municipais en horario de atención ao público -de 09:00 a 14:30 horas- ou na Casa da Cultura do Concello de o Valadouro, de 09:00 a 20:30 horas.
Haberá ximnasia de mantemento en Ferreira os luns e mércores de 10:00 a 11:00 horas e no Cadramón, os martes de 17:30 a 18:30 horas. Tamén se ofrece pilates, que será os martes de 20:30 a 21:30 horas; ioga, os luns de 20:45 a 21:45 horas; e un taller de memoria, que será os luns de 18:15 a 19:15 horas en Ferreira e os mércores de 18:30 a 19:30 horas no Cadramón. Haberá tamén unha actividade de envellecemento activo, os xoves de 17:00 a 18:00 horas. E organizan...
leer másO mago Paco presentará o seu espectáculo Hocus Pocus no salón de actos da Casa da Cultura do Valaduro este sábado, 7 de outubro, ás 20:00 horas con entrada de balde.
É un espectáculo de maxia cómica incluído no programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
O Concello do Valadouro anuncia que “Hocus Pocus é un espectáculo versátil, aberto e adaptado a calquera espazo de representación. Está guiado por unha peculiar personaxe, O mago Paco, que fai de cada xogo un momento diferente, no que @s nen@s son os verdadeiros protagonistas, creando así un espectáculo propio dunha mente infantil: aloucado, ruidoso, dinámico e cheo de sorpresas”.
Dentro do Circuíto de Teatro Profesional da Provincia de Lugo 2023, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Ítaca Teatro, con Elea López e Carlos Rebolo, representan a obra titulada ‘Cinco minutos sen respirar’. Será no salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro este sábado, 30 de setembro de 2023, ás 20:00 horas con entrada de balde. É unha representación que se recomenda para público adulto.
‘Cinco minutos sen respirar’, de Gustavo Ott, fala “da vida, dos abusos bancarios, da explotación laboral, do suicidio, da familia, da violencia... e de tantas outras cousas que non dá tempo a resumilas en cinco minutos...”.
O Concello do Valadouro ofrece escolas deportivas municipais para a tempada 2023-24 en dúas modalidades: patinaxe a atletismo. Son para nenos e nenas de 4º de Infantil a 4º da ESO.
As inscricións poden facerse ata o 25 de setembro na sede electrónica, nas oficinas da Casa da Cultura ou nas Oficinas da Casa do Concello do Valadouro en horario de atención ó público.
A novela titulada ‘A montaña do poeta’, escrita por Lionel Rexes, presentarase en Ferreira do Valadouro este venres, 22 de setembro, ás 20:00 horas. O acto, incluído na programación cultural do Concello do Valadouro, será no local social do parque Concepción Arenal e intervirá Lionel Rexes, gañador do premio Lueiro Rey 2021.
A sinopse da novela é a seguinte: “É pouco coñecido o vínculo do escritor Antonio Noriega Varela, alcumado «O poeta da montaña», cunha vetusta construción situada no Alfoz do Castrodouro. Deste feito real parte unha ficción absolutamente contemporánea, unha trama que recrea o ocaso dun rural onde a mocidade loita por atopar oco e onde os anciáns, acompañados dos seus cans, matan o tempo morto legando a bagaxe da vida. No medio desta existencia rutineira, un suceso con esencia ideolóxica sacode a dinámica do municipio...
leer másO Concello do Valadouro celebra a XXXVII edición da Semana do Teatro Amador desde este domingo, 3 de setembro, ata o xoves 7. Todas as representacións será ás 22:00 horas no salón de actos do Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo. A entrada é de balde e a apertura de portas será media hora antes de cada evento.
O domingo 3 A Adala, de Fazouro, ofrecerá a obra Marina Club. Ao día seguinte o Torques, de Burela, representará O Randiña. O martes 5 Metátese Teatro, de Palas de Rei, porá en escena Ao carón das palabras. O mércores 6 Os Pícaros de Lagoa (Alfoz) presentará Era boa se colabora. E rematará o ciclo xoves 7 co grupo 57 Palabras, de Viveiro, e a obra A fuga.
O Valadouro celebrará a XXXIII Mostra Folclórica o vindeiro sábado, 2 de setembro, na Praza de Santa María ás 20 horas. O evento está organizado pola asociación cultural Amado Lar. Ademais contan coa colaboración do Concello do Valadouro.
Na mostra participarán a asociación organizadora, orixinarios da zona, así como a asociación cultural Antaruxas e Sorteiros, chegados directamente da Fonsagrada.
A área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo leva o espectáculo “Mil maxias máis” do Mago Antón a Meira, O Valadouro, Sarria, Guitiriz e Becerreá ao longo do mes de agosto.
No Valadouro estará este sábado, 12 de agosto, de 17 a 21 horas.
O Mago Antón chegará as vilas nas que actúa no magomobil, un vehículo preparado para o desenvolvemento do espectáculo e con capacidade para 70 espectadores. En cada lugar, fará cinco funcións diarias de 45 minutos cada unha, adaptándose á demanda.
A deputada de Cultura, Iria Castro, indicou que “esta xira comeza mañá venres en Meira, ampliando a programación das festas patronais, e continuará durante o mes de agosto no Valadouro, Sarria, Guitiriz e Becerreá” e explicou que “a programación amplía e diversifica a axenda cultural nas distintas...
leer más