A trixésimo sétima edición da Feira do Mel do Valadouro celebrarase o día 12 de outubro, sábado.
O Concello do Valadouro anuncia que “a Concellería de Cultura ten o orgullo de presentar unha nova edición da Feira do Mel. O sábado 12 de outubro terá lugar unha das convocatorias máis esperadas e queridas do outono no noso concello e en toda a bisbarra. Un evento que celebra a excelencia do noso mel e o coidado traballo dos nosos apicultores. Esta xornada completarase, ademais da venda de mel e material apícola, con obradoiros, degustación de eco-cócteles, filloas con mel, castañas, contacontos, ambientación musical e moitas máis sorpresas”.