centro etnográfico
O Concello de Trabada anuncia a posta en marcha dunha iniciativa para potenciar e dar a coñecer o legado de José Rocha Gasalla, veciño do municipio recentemente falecido e doador de todo o patrimonio que conforma o actual centro etnográfico José Rocha. A decisión de organizar xornadas de portas abertas e visitas guiadas “nace como homenaxe e recoñecemento á súa xenerosa achega e co obxectivo de manter vivo o seu legado”.
“Esta nova proposta inclúe a organización de xornadas de portas abertas e visitas guiadas dirixidas tanto á veciñanza como a visitantes, co obxectivo de achegar a riqueza patrimonial e histórica da colección doada por José Rocha. A previsión é que a primeira xornada teña lugar no mes de agosto, coincidindo coas festas de Trabada, que son datas sinaladas de maior afluencia e interese turístico”, anuncia o Concello.
... leer más