O Valadouro

30/12/2023

O 2 de xaneiro volven celebrarse actividades para nen@s, con idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos, para pasar unha tarde divertida a cargo de Bea, voluntaria do Taller de Manualidades, como aconteceu hai uns días.

O horario será o seguinte: 
- Nen@s de 3 a 9 anos, dende as 16 ás 18 horas.
- Nen@s de 10 a 14 anos, dende as 17 ás 19 horas.

O lugar de celebración destas actividades será o Local do Antigo Matadoiro.

Os nen@s ata 6 anos deben estar acompañados dun adulto.

Para presentar a solicitude de participación será preciso poñerse en contacto cos Servizos Xerais ou na Casa da Cultura do Concello de O Valadouro no teléfono
982574000 e 982571516 respectivamente. Informa da ampliación do prazo de inscrición a Concellería Delegada de Asuntos...

leer más
29/12/2023

O salón de Actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo, do Concello do Valadouro, acollerá este sábado, 30 de setembro, ás 19:00 horas un concerto de ano vello a cargo da Banda de Música de Lourenzá.

É unha actividade organizada pola Delegación de Cultura do Concello do Valadouro.

23/12/2023

Haberá actividades lúdicas para nen@s de 3 a 12 anos do 26 de decembro ao 5 de xaneiro en horario de 10 a 13 horas. Será na Casa da Cultura. 

A Inscrición puido realizarse do 20 a 22 de decembro (incluídos) de 11:00h. a 13:00h e de 17:00 a 19:00h de luns a venres, na Casa da Cultura ou a través da sede electrónica do Concello do Valadouro (ata o 22 de decembro de 2023 ás 23:59h)

Bases https://cutt.ly/mwDL6jC1
Modelo de inscrición https://cutt.ly/LwDZog5a

20/12/2023

Os días 26 de decembro e 2 de xaneiro haberá actividades para nen@s, con idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos, para pasar unha tarde divertida a cargo de Bea, voluntaria do Taller de Manualidades.

Para a rapazada de 3 a 9 anos o horario será de 16 a 18 horas e para as mozas e mozos de 10 a 14 anos será de 17 a 19 horas. Os nenos e nenas de ata seis anos deberán estar acompañados dunha persoa adulta. O lugar de celebración é o local do antigo matadoiro. 

Para presentar a solicitude de participación será preciso poñerse en contacto cos Servizos Xerais ou na Casa da Cultura do Concello de O Valadouro no teléfono 982.57.40.00. e 982.57.15.16 respectivamente.

Informa desta convocatoria a Concellería de Asuntos Sociais do Valadouro.

30/11/2023

Os participantes terán a oportunidade de gozar das impresionantes vistas da Serra do Xistral, ademais de visitar o dolmen de Santo Tomé ou o Prado das Chantas. Tamén coñecerán mais sobre a vida dos cabalos salvaxes e a tradición reflectida no curro onde se celebra a Rapa das Bestas. Ana Pena, de Guía Tu Día, será a encargada de conducir esta ruta.

A Mariña en Ruta rematará o 16 de decembro en Lourenzá. Esta visita será guiada por Carmen Delia, de La Guiateca.  

A Mariña en Ruta é un proxecto que está promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. De outubro a novembro foron programadas 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca ten un papel destacado.  

As actividades de A Mariña...

leer más
30/11/2023

O salón de actos do Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo, do Valadouro, acollerá este domingo, 3 de decembro ás 19:00 horas a representación da obra “O Velorio” a cargo do grupo Borguete Teatro, de Vilalba. É unha actividade con entrada de balde, incluída no Circuíto de teatro afeccionado 2023, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

É unha adaptación da obra “Os cravos de prata”, de Nicolás Belá, dirixida por Guillermo Cancedo. A sinopse é: “Pat O'Connor é un terratenente enfermo que, nos seus aparentes derradeiros días de vida, planifica o seu propio velorio por todo o alto, sen ter en conta que tamaño estipendio podería supoñer o endebedamento da súa familia, a cal non está pola labor, e que desencadeará unha serie de situacións de difícil solución”.

22/11/2023

O documental titulado “Xove, democracia nuclear” proxectarase en Ferreira do Valadouro este sábado, 25 de novembro, ás 19:00 horas. Será no salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro, con entrada de balde.

Este documental, de Pedro Lechuga Mallo, forma parte do proxecto a nivel nacional denominado Democracia Nuclear, que ten como obxectivo recuperar as historias das diferentes mobilizacións antinucleares xurdidas en España nos anos setenta.

19/11/2023

O vindeiro 24 de decembro Papá Noel estará no Valadouro, onde se realizará unha recepción para todos os nenos e nenas que se queiran achegar.

En colaboración co Motoclub Val D’Ouro convídase a participar na Papanoelada moteira vestidos coa indumentaria vermella para percorrer as rúas do val ata a recepción a Papá Noel.

 

15/11/2023

O salón de Actos do Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo, de Ferreira do Valadouro, acolle un concerto para celebrar Santa Icía (a patroa da música) este domingo, 19 de novembro, ás 19:00 horas.

Actuarán a Banda de Música de Lourenzá e a Banda Xuvenil de Lourenzá Pituband. A entrada é de balde.

É unha actividade incluída na programación cultural do Concello do Valadouro.

04/11/2023

O Concello do Valadouro organiza desde o 9 de novembro un programa de apoio e formación para familiares que coidan dos seus maiores, denominado Coidarte.

Serán oito sesións totalmente de balde ata completar aforo (10 persoas coidadoras). Desenvolveranse os xoves de 16:00 a 18:00 horas na Casa da Cultura do Valadouro.

Os organizadores explican que os participantes adquirirán coñecementos, técnicas e habilidades coas que desenvolver e mellorar o benestar e a calidade de vida da persoa maior, sen descoidar o benestar físico, emocional e social do coidador.

Para máis información e inscricións os interesados deben dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello do Valadouro ou contactar cos teléfonos 982.57.40.00 ou 644.032.222.