Charanga

Etiquetas:
28/07/2022

A Delegación de Cultura do Concello de Burela informa de que mañá, venres 29 de xullo, actuará polas rúas da vila a charanga NBA para amenizar un dos venres previos á esperada Feira do Bonito. 

A proposta musical contribuirá a ambientar o II Tapeo Bonito que comezou hoxe en nove establecementos de hostalería de Burela, con máis de 30 propostas de pratos e tapas, tendo como produto principal o bonito e presentado en distintas elaboracións como zorza, á grella, en empanada, salpicón ou hamburguesa.

Desde a Delegación de Cultura e a Asociación Ledicia decidiron poñer unha nota musical aos dous venres previos á Feira do Bonito, tanto o 29 de xullo como o 5 de agosto, comezando mañá coa charanga NBA, unha das máis coñecidas en Galicia. Os músicos sairán da zona de Vista Alegre ás 20 horas e rematarán na praza da Mariña...

leer más
Etiquetas:
10/08/2021

Este venres, 13 de agosto, a charanga feminina Brassica Rapa amenizará a tarde noite do Vicedo cos seus ritmos pegadizos polas rúas e locais hostaleiros do núcleo do Vicedo. Será a partir das 21 horas.

E o xoves 12 ás 20:30 horas na Casa da Cultura terá lugar a entrega de premios do Concurso de Fotografía Turística Concello de O Vicedo, neste caso dedicado ao patrimonio histórico. O prazo de presentación de fotos remata ás 14 horas deste martes, día 10.

Etiquetas:
11/12/2020

A charanga Mekánika animará coa súa música as rúas de Burela mañá, sábado, pola tarde entre as 17:30 e as 20:30 horas, segundo acaba de confirmar o concelleiro de Cultura, José Díaz. A súa actuación estaba prevista para a pasada fin de semana, pero tivo que aprazarse debido ás intensas chuvias caídas durante a o pasado 5 de decembro. 

Díaz subliña que “mañá teremos a oportunidade de disfrutar en Burela coa mellor charanga de Galicia, que inundará co seu ritmo as rúas de Burela. Quixemos aproveitar para facer coincidir esta actuación co Black Friday, que se celebra no comercio local esta fin de semana, e así apoiar o movemento comercial da nosa vila”. 

O edil burelés engadiu: “parécenos importante botar unha man e darlle alegría ás nosas rúas, seguindo os protocolos de seguridade e con orden”.