Entrada
A segunda edición do RibaXogo está a ter unha gran acollida entre a rapazada. Este centro de ocio seguirá aberto ata o vindeiro domingo, 8 de xaneiro, na carpa instalada no parque de San Francisco.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo, Pablo Vizoso, subliñou que “nos primeiros sete días do RibaXogo accederon a este centro de ocio máis de 1.300 nenas e nenos da nosa vila e do resto da contorna. Son moitas e moitos as nais e os pais que se achegan a Ribadeo a facer as compras típicas destas datas, a pasear ou a tomar algo na nosa hostalería e aproveitan para levar ás súas fillas e fillos ao RibaXogo”.
O RibaXogo está aberto hoxe e tamén os días 4 e 5 de xaneiro en horario de 17 a 21 horas. Pechará o día de Reis e o 7 e o 8 de xaneiro abrirá de 12 a 14 horas polas mañás e de 17 a 21 horas polas...
leer másA piscina Olímpica Municipal de Lieiro volve á normalidade a partir do vindeiro martes 2 de novembro. Desde esa data, os usuarios e usuarias do complexo xa non necesitarán facer unha reserva previa para o acceso ás instalacións deportivas.
Recordamos tamén que xa desde o pasado sábado, os aforos en instalacións deportivas permiten o 100% de ocupación, polo que a Piscina Olímpica Municipal de Lieiro pode acoller a súa máxima capacidade.
Segundo o o concelleiro de deportes, Davíd Rodríguez, trátase “dunha boa nova que significa que pouco a pouco vamos deixando atrás a pandemia e vamos recuperando a normalidade”. Salienta tamén que “con estas novas medidas os usuarios e usuarias poderán gozar de máis liberdade á hora de acceder ás nosas instalacións”.