Acordeonistas da Mariña
O grupo musical Acordeonistas da Mariña actuará en Alfoz o día 18 de abril, sábado. Será na Casa da Cultura ás 20:00 horas.
“A música tradicional chega a Alfoz da man de Acordeonistas da Mariña. Un plan ideal para todas as idades. Achégate e desfruta da música en directo!”, anuncia o Concello de Alfoz.
O Concello de Xove continúa este sábado, día 3 de xaneiro, coa súa programación cultural do Nadal 25-26 cunha proposta musical dirixida a todos os públicos. A cita será ás sete da tarde no salón de actos, onde terá lugar o concerto de Os Acordeonistas da Mariña.
“Este espectáculo musical fará as delicias de todos os afeccionados e afeccionadas a este instrumento tan querido e con tantos adeptos no noso concello. O público poderá gozar dun variado repertorio de pezas interpretadas ao acordeón, nunha actuación que promete emoción, tradición e calidade artística”, anuncia o Concello de Xove, que anima “á veciñanza e visitantes a achegarse e participar nesta actividade, que forma parte dunha ampla programación cultural pensada para dinamizar o Nadal e ofrecer alternativas de lecer e cultura para todas as idades”.
A...
leer másO grupo musical Acordeonistas da Mariña, de Burela, actuará no Centro Social de Cangas de Foz este domingo, día 16 de marzo, ás 19:00 horas. A entrada é de balde ata completar aforo.
É unha actividade incluída no ciclo Música de Primavera, que organiza a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Real, Rañadoiro e Agudo, de Cangas de Foz.
O grupo musical Acordeonistas da Mariña actuará en Alfoz o día 19 de outubro, sábado. O concerto será ás 19:30 horas no salón de actos Casa da Cultura, con entrada gratuíta.
Esta actividade está organizada polo Concello de Alfoz, que anuncia: “o mes de outubro tamén trae propostas musicais para todos os públicos”.






