Ubú Teatro

16/10/2025

A compañía Ubú Teatro presentará en Cervo a obra titulada O vixilante dos soños. Será este venres, día 17 de outubro ás 19:00 horas no salón de actos do Concello.

“Este venres temos unha nova cita teatral para todos os públicos! A compañía Ubú Teatro preséntanos a súa obra O vixilante dos soños, unha proposta chea de imaxinación e emoción que fará soñar a grandes e pequenos”, anuncia o Concello de Cervo.

A entrada é libre ata completar a capacidade do salón de actos.

14/10/2025

Ubú Teatro presentará na Pontenova a obra titulada Mudanzas, dirixida por José Campanari. Será este sábado, día 18 de outubro, ás 19:00 horas no salón de actos Casa da Cultura.

É unha actividade organizada pola Asociación Teatral Lume Escénico da Pontenova coa colaboración do Concello e da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
26/12/2024

A compañía Ubú Teatro representará a obra titulada O vixilante dos soños en Burela este sábado, día 28 de decembro. Será ás 18:00 horas na Casa da Cultura, con entrada libre.

É unha representación para público familiar a partir de 3 anos de idade con este argumento: “desde pequeno Sonólicus quere chegar á lúa. Busca no reflexo das pozas e dos espellos, sube ás caixas esmoreadas e aos tellados, e tantos esforzos fai por conseguilo e tanto estira os brazos cara á lúa que lle medran ata a deformidade. O seu empeño semella unha fantasía infantil da que a nai é testemuño. Unha noite acaba de medrar e non só acada o seu obxectivo de acompañar á lúa senón que se converte apra sempre no vixiante do sono e dos soños infantís”.

18/10/2024

A compañía Ubú Teatro representará a obra titulada Mudanzas, dirixida por José Campanari, na Casa da Cultura do Vicedo este sábado, día 19 de outubro, ás 18:00 horas.

“Volve o teatro profesional á Casa da Cultura cunha obra familiar moi recomendable para público infantil e xuvenil. A compañía lucense Ubú Teatro presenta Mudanzas, unha obra moi divertida coa garantía dunha gran compañía de teatro”, anuncia o Concello do Vicedo.