O grupo musical Os Acordeonistas da Mariña actúa en Xove este sábado, 3 de xaneiro

O Concello de Xove continúa este sábado, día 3 de xaneiro, coa súa programación cultural do Nadal 25-26 cunha proposta musical dirixida a todos os públicos. A cita será ás sete da tarde no salón de actos, onde terá lugar o concerto de Os Acordeonistas da Mariña.

“Este espectáculo musical fará as delicias de todos os afeccionados e afeccionadas a este instrumento tan querido e con tantos adeptos no noso concello. O público poderá gozar dun variado repertorio de pezas interpretadas ao acordeón, nunha actuación que promete emoción, tradición e calidade artística”, anuncia o Concello de Xove, que anima “á veciñanza e visitantes a achegarse e participar nesta actividade, que forma parte dunha ampla programación cultural pensada para dinamizar o Nadal e ofrecer alternativas de lecer e cultura para todas as idades”.

A entrada será libre ata completar aforo.