Ligas
27/02/2026
Ribadeo acollerá varios partidos das ligas Prebenxamín e Hobby Hockey este domingo, día 1 de marzo. Serán no Pavillón de Deportes.
O primeiro partido terá lugar ás 10 a mañá e o último ás 17:40 horas. Nos encontros de Prebenxamín participan: Meigas, Alquimia, Trasnos, Brigantium e Lóstregos. E na liga Hobby Hockey mediranse Trasnos, Lóstregos e Alquimia.
Organiza o Club de Hockey Isla Pancha coa colaboración de Concello de Ribadeo, Federación Galega de Patinaxe, Xunta de Galicia, Deporte Galego, Área de Deportes da Deputación de Lugo, Acisa Ribadeo, Ibakari, Mel do Rego da Xeada, Rego de Fornea, El Bosque de Mayra e Xardinería Daniel Ovide.



