O Valadouro

Etiquetas:
22/03/2023

A XVII edición do Mercado de Primavera do Valadouro celebrarase este venres 24 e sábado 25 de marzo.

O venres 24 a partir das 21:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura terá lugar o pregón inaugural a cargo da xornalista Susana López Montes e deseguido haberá unha demostración de música e baile en zocas coa Asociación Cultural Amado Lar, do Valadouro, e concerto de Caamaño&Ameixeiras .

O sábado 25 de marzo desde as 10:00 horas ata as 19:00 horas estarán abertos ao público os postos de venda do mercado situados na rúa Andrés López Palmeiro. Desde as 11:00horas os artesáns situados na praza de Santa María ensinarán os seus oficios enxebres: barro, cestos, zocas, fiadeira, ferro... E a esa mesma hora a batukada da Comparsa Os Fandangueiros realizará un pasacalles polas rúas de Ferreira. A partir das 12:00...

leer más
11/03/2023

Desde a Concellería de Cultura infórmase de que o prazo de inscrición de postos para participar no Mercado de Primavera remata o próximo 15 de marzo. 

As bases que rexen a participación no devandito mercado están a disposición de todos/as interesados/as na web do Concello do Valadouro e na sede electrónica. 

Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono 982 57 15 16 en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

 

28/02/2023

A Concellería de Cultura ultima os detalles do XVII Mercado de Primavera que se celebrará o 25 de marzo. 

Desde o Concello sinalan: “queda un mes... moi pouco tempo para o gran evento que levas esperando todo o ano: O Mercado de Primavera no Valadouro!!! Anímate, vai preparando as zocas, a indumentaria e as gañas de pasalo ben. Esperámoste o sábado 25 de marzo”.

O mercado, a tradición e a música serán os protagonistas da xornada. 

18/02/2023

O 19 de febreiro a partir das 17:00 horas terá lugar o Desfile de Disfraces polas rúas de Ferreira ata o pavillón polideportivo municipal.

Haberá premios para infantil e adulto individual, infantil e adulto parella e infantil e adulto grupo e tamén para o Entroido máis Simpático.

O 21 de febreiro será o Entroido Infantil na praza de Santa María a partir das 17:00 horas con inchables, obradoiros, xogos… en caso de choiva a festa trasládase ao pavillón. 

E o 25 de febreiro será o Enterro da Sardiña con saída ás 20 horas desde o parque Concepción Arenal ata a Praza de Santa María. Haberá lectura de coplas e xuízo. 

 

Etiquetas:
30/01/2023

O grupo humorístico Trípode organiza unha gala benéfica na Casa da Cultura do Valadouro este domingo, 5 de febreiro, ás 18:00 horas. 

O grupo de teatro O Centiño, da parroquia focense de San Martiño, interpretará a obra De poucas luces e no descanso actuará o músico Álex Barreira, de Mondoñedo.

A recadación será destinada integramente a beneficio de Cáritas Interparroquial Alfoz-Valadouro.

Neste evento colabora o Concello de O Valadouro.

21/01/2023

Febreiro é o mes gandeiro no Valadouro. As actividades a desenvolver están organizadas polo Concello e pola Área de Medio Rural da Deputación de Lugo. 

O 4 de febreiro terá lugar a IV Feira de Razas Autóctonas, que dará comezo ás 10 da mañá e que vai repartir máis de 5.000 euros en premios. A inscrición está aberta ata o día 1.

O 11 están programadas conferencias agrogandeiras desde as 10 da mañá. Tamén haberá competicións de cabalos: concurso de andadura galega. E desenvolverase unha Ruta de Tapas con carne de razas autóctonas. 

E o 18 celebrarase a Feira de Gando, tamén a partir das 10 mañá. O evento repartirá máis de 1.000 euros en premios. A inscrición pódese facer ata o 15 de febreiro. 

Desde o Concello sinalan: “vai chegar febreiro, o mes gandeiro por...

leer más
Etiquetas:
28/12/2022

Os concellos de Alfoz e O Valadouro ofrecen servizo de transporte gratuíto para os veciños e veciñas maiores que queiran ir á piscina municipal de Foz os mércores pola mañá desde o 4 de xaneiro ata o 28 de xuño.

Os interesados poden apuntarse a clases de natación ou acceder á piscina para uso libre.

O custe destes servizos correrá a cargo do usuario porque os concellos de Alfoz e O Valadouro asumen só o custo do desprazamento.

As prazas son limitadas e para máis información pódese chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 2), do Concello de Alfoz, ou ao 982.574.036, do Concello do Valadouro.

 

Etiquetas:
04/11/2022

Teatro Infantil este sábado, 5 de novembro, coa obra Duncan de Palleiro con Lila Teatro. Será no Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro a partires das sete da tarde e con entrada de balde. 

A actividade enmárcase no Circuíto de Teatro Profesional da provincia de Lugo no Ciclo Miúdos Seráns. Breve sinopse da obra:

“Así é como transcorre un día na vida dun can, pero non dun can calquera. Trátase dun can moi especial que pertence a unha raza mítica, lendaria e con moito prestixio: a de Palleiro. Este can é Duncan de Palleiro, o príncipe das corredoiras.

Duncan leva unha vida sinxela á beira do seu amo Aurelio e dos seus amigos, veciñas e rébanos de sempre, nunha pequena aldea no medio das montañas, chamada Oubidos, da que se sente moi fachendoso.

... leer más
31/10/2022

Dende hoxe, 31 de outubro, está aberto o prazo para inscribirse nas seguintes actividades para persoas adultas:

Ximnasia de mantemento.
-Ferreira – Luns e mércores de 10:00 a 11:00
-O Cadramón – Martes de 18:45 a 19:45

Ioga – Mércores de 18:00 a 19:00

Taller de memoria – Martes e venres de 17:30 a 18:30

Uso de novas tecnoloxías e trámites nas administracións –
Xoves de 17:00 a 18:30

“O prazo de inicio está previsto para o próximo luns, 7 de novembro. Estando condicionado o desenvolvemento das citadas actividades á existencia dun mínimo de 8 participantes en cada unha delas e á dispoñibilidade de monitores”, explican desde o Concello de O Valadouro. As bases poden consultarse en valadouro.gal/servizossociais

 

Etiquetas:
20/10/2022

Este domingo, 23 de outubro, ás 19.00 horas, a Biblioteca Pública Municipal do Valadouro presenta  unha nova actuación pertencente ao programa da Rede de Bibliotecas da Xunta de Galicia, Ler Conta Moito. 

Nesta cita trátase dun obradoiro creativo de maxia denominado A Igualdade non ten truco a cargo da parella de magos formada por Carlos Tomico e Sara Rodríguez.

Desde o Concello do Valadouro apuntan que “na historia da maxia houbo importantes magas que marcaron o camiño para moitísimas nenas e nenos. Neste obradoiro de maxia para toda a familia aprenderemos sorprendentes trucos de maxia sinxelos de realizar e incribles historias de mulleres ilusionistas, antigas e actuais, que nos farán reflectir sobre a importancia da igualdade de xénero nas artes e na sociedade”.

Esta convocatoria ...

leer más