O 19 de maio celebrarase por primeira vez en Alfoz e no Valadouro a Fase Intermedia da Copa Deputación de Fútbol 8 das categorías benxamín e prebenxamín

Os partidos disputaranse no Campo Municipal de Alfoz e no Campo Municipal de O Árbol (Valadouro), onde se poderá desfrutar dunha competición que se iniciará as 10 da mañá e rematará ás 21 horas. 

Disputaranse un total de 28 partidos entre os 18 equipos en competición, que tratarán de alcanzar unha das catro prazas que dan acceso á fase final. 

Os concelleiros de deportes de Alfoz e Valadouro, Eliseo Lorenzo e Eliseo Teijeiro; a directiva do  AD Río Ouro presidida por Manolo Novo e contando coa colaboración do CD Alfoz coinciden en que “celebrar este evento deportivo para os nenos e nenas da comarca é unha experiencia enriquecedora. Esta celebración contribúe a fortalecer os lazos comunitarios, o deporte e promove a hostalaría e o turismo dos dous concellos”.