O Valadouro

21/03/2021

O Concello de O Valadouro organiza un concurso de vestimenta antiga, dentro das actividades do XV Mercado de Primavera. Os participantes deben enviar unha foto da súa vestimenta vía whatsapp ao número de teléfono 639.317.255.

Hai tres premios: de 100, 50 e 30 euros. Deben gastarse no comercio e hostalería local do Valadouro.

O prazo para enviar as fototografías remata o 28 de marzo ás 15:00 horas. As fotos publicaranse nun álbum na páxina de Facebook do Concello de O Valadouro e serán premiadas as 3 que máis Me gusta teñan o 3 de abril ás 15:00 horas.

 

Etiquetas:
19/03/2021

O Concello de O Valadouro organiza un concurso de fotografías sobre o Mercado de Primavera. Os participantes deben subir ao seu Facebook ou Instagram imaxes de anteriores edicións do evento co cancelo #MercadoPrimavera21 e etiquetar ao Concello de O Valadouro.

Hai tres premios: de 100, 50 e 30 euros. Deben gastarse no comercio e hostalería local do Valadouro.

O prazo para participar remata o 25 de marzo ás 23:59 horas e o fallo do xurado publicarase o 27 deste mes ás 17:00 horas.

 

10/03/2021

Dentro das actividades do XV Mercado de Primavera o Concello de O Valadouro organiza un concurso de decoración de zonas con dúas categorías: adultos e infantil (ata 12 anos de idade). Haberá premios para gastar no comercio e hostalería local.

Os participantes teñen que subir a foto da zonas ou zocos decorados ao seu Facebook ou Instagram co cancelo #MercadoPrimavera2021 e etiquetar ao Concello do Valadouro tanto en Facebook como en Instagram.

O prazo para subir as fotos remata o día 25 de marzo ás 23:59 horas. E o fallo do xurado publicarase o 27 de marzo ás 19:00 horas.

 

03/03/2021

O alcalde do Valadouro,  Edmundo Maseda, acompañado da concelleira de Cultura, Josefina Geada, presentaron no Concello o cartel promocional da Edición Virtual nas Redes do Mercado de Primavera.

Os organizadores sinalaron que “está chegando a data do tradicional Mercado de Primavera e, un ano máis, non podemos celebralo como todos desexaríamos, xa que agora toca coidarse e en solidariedade coa nosa saúde non haberá mercado tal e como se ven realizando todos os anos. Entón levaremos a cabo un Mercado de Primavera Virtual, porque non podemos pasar sen festexar dalgunha maneira esta data tan sinalada e esperada por todos. Este ano tócalle a XV edición, será todo nas redes sociais municipais, rememorando os nosos mercados, con vídeos, sketch, fotografías, concursos, etc”.

Nesta edición haberá tres concursos baixo o...

leer más
Etiquetas:
05/01/2021

O salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro acollerá este sábado, 9 de xaneiro, ás 19:00 horas a actuación do mago David Méndez. 

Esta actividade está incluída no programa cultural de Nadal organizado pola Deputación de Lugo.

O salón de actos ten limitado o aforo conforme ás normativas para facer fronte á pandemia do COVID-19 e pódese reservar a entrada chamando ao 982.57.15.16.

 

15/12/2020

No salón de actos da Casa da Cultura de O Valadouro este sábado, día 19 de decembro, ás 19:00 horas o grupo de teatro da Asociación Cultural Abrente, de As Nogais, representará a obra “O aeroporto da Valiña”.

É unha obra do autor Javier González González enmarcada no xénero da comedia física e satírica, unha representación en clave de humor para todos os públicos.

O aforo do salón de actos está limitado conforme ás normativas para facer fronte á pandemia do COVID-19 e os que queiran poden reservar o seu sitio chamando ao 982.57.15.16.

Esta actividade está dentro do programa Gargalladas da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
10/12/2020

O salón de actos do Concello do Valadouro (Lugo), acollerá o este venres, 11 de decembro, ás 20.00 h, a entrega do premio e presentación do libro “Bica de Montouto” gañador do V Concurso “Balbino” de Relatos, da autoría de José Vázquez Peinó, coñecido como Pepe Peinó.

O acto, que estará aberto ao público ata completar aforo, contará coa presenza do profesor, escritor e membro do xurado do Concurso "Balbino" de Relatos, Xosé Manuel Lobato; o presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, Fernando Redondo; o prologuista do libro, Bernardo Penabade; o ilustrador da portada, Antón Caxoto e o gañador do Concurso "Balbino" de Relatos, Pepe Peinó.

Para aquelas persoas que non poidan acudir á presentación, o autor estará desde as 18,00h asinando libros no propio salón de actos.

Durante o acto tamén...

leer más
22/11/2020

A Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro organiza o certame de postais Un Nadal para todos.

Poden participar todos os nenos e nenas, e mozos e mozas de entre 3 e 16 anos que residan no concello. O prazo de presentación remata o día 1 de decembro, ás 14:00 horas, e os traballos deberán presentarse nas oficinas da Casa da Cultura (previa cita), no email concurso@valadouro.org , na sede electrónica do Concello de O Valadouro, no CEIP Santa María do Valadouro ou no IES Alfoz-Valadouro.

A temática será o Nadal e a técnica libre, nun tamaño A5.

Haberá tres categorías: Infantil A (de 3 a 6 anos), Infantil B (de 7 a 10 anos) e Xuvenil (de 11 a 16 anos).

O primeiro premio consistirá na reprodución da postal como...

leer más
20/11/2020

O Concello de O Valadouro organiza o concurso Ilumina o Nadal. Haberá Certames de Balcóns, Fachadas e Ventás e de Escaparates.

O prazo de inscrición será desde o 26 de novembro ao 10 de decembro, ás 14:00 horas, e poderá facerse a través do correo concurso@valadouro ou medios telemáticos. A decoración deberá estar exposta, polo menos, entre o 15 de decembro e o 6 de xaneiro de 2021.

Repartiranse 1.000 euros en premios, consistentes en vales de compra no concello: 300€ para o primeiro, 250 euros para o segundo, 200 euros para o terceiro, 150 euros para o cuarto e 100 euros para o quinto.

 

Etiquetas:
05/10/2020

O Concello de O Valadouro organiza a XXXIII edición da Feira do Mel e Mercado de Outono que se celebrará este sábado, 10 de outubro.

A feira desenvolverase de 10:00 a 19:00 horas e os expositores situaranse na explanada do Parque Concepción Arenal.

Os asistentes atoparán mel, derivados, produtos de tempada como as castañas e da horta.

Haberá pasarrúas e concerto na praza a cargo da Banda de Música O Landro e Mondrún, dentro do programa Musiqueando da Deputación Provincial de Lugo. Tamén se sorteará un lote de produtos.

Todas as actividades estarán adaptadas á normativa e recomendacións vixentes en materia de seguridade e saúde por mor da pandemia do Covid-19.

Este evento conta coa colaboración de: Deputación de Lugo, Asociación Cultural...

leer más