O grupo humorístico Trípode organiza unha gala benéfica o 5 de febreiro na Casa da Cultura do Valadouro.

O grupo humorístico Trípode organiza unha gala benéfica na Casa da Cultura do Valadouro este domingo, 5 de febreiro, ás 18:00 horas. 

O grupo de teatro O Centiño, da parroquia focense de San Martiño, interpretará a obra De poucas luces e no descanso actuará o músico Álex Barreira, de Mondoñedo.

A recadación será destinada integramente a beneficio de Cáritas Interparroquial Alfoz-Valadouro.

Neste evento colabora o Concello de O Valadouro.