A Concellería de Cultura do Concello de Valadouro informa da representación de teatro cómico que terá lugar o vindeiro venres, 26 de maio ás 21:00 horas coa peza Dúo Vaguedades.
En Dúo Vaguedades, Isabel Risco e Fran Rei convértense en Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, nunha iniciativa que dá un salto do audiovisual ao escenario e que mestura teatro, humor e música. Na liña habitual desta parella de humoristas, este espectáculo propón unha revisión cómica dunha parte fundamental da nosa cultura, da nosa lingua, do noso xeito de ser e da nosa relación co resto do universo.
Dúo Vaguedades é un espectáculo que se achega, en clave de humor, a diversos aspectos que nos definen como galegos e galegas, ao valor da nosa lingua,e á riqueza patrimonial e cultural propias de Galicia.
Esta escenificación poderá verse no Salón de Actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo e a entrada será de balde.