O 29 de abril haberá teatro no Valadouro. Os Pícaros de Lagoa representarán "Menciñeiro á forza".

A Delegación de Cultura do Concello do Valadouro informa de que o vindeiro sábado, 29 de abril, ás 20:30 horas no Salón de Actos do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da terceira Idade "Manuel Lourenzo, escenificarase a obra de Teatro Menciñeiro á forza, a cargo do grupo Os Pícaros de Lagoa.
 
A obra escollida é unha coñecida adaptación elaborada nos anos 60 polo escritor chairego Xosé Manuel Carballo. Trátase dun texto baseado na famosa comedia de Molière O enfermo imaxinario.
 
Sinopse
Un matrimonio que sempre anda á porfía. Como ela está un pouco cansa da actitude do seu marido, maquina unha vinganza: facerlles crer que andan a buscar un menciñeiro para a súa filla.

A entrada é de balde.