Folga
A Concellaría de Igualdade fai un chamamento ás mulleres ribadenses e as empregadas públicas do Concello de Ribadeo a secundar a folga prevista para o vindeiro venres, 8 de marzo, o Día Internacional das Mulleres.
Desde o CIM e desde a Concellaría de Igualdade explican que “é unha folga que ten como finalidade reclamar un mundo diferente no que o noso dereito a vivir unha vida digna se coloque no centro da axenda política, económica, social, educativa.Queremos construír unha sociedade xusta, na que se garanta a igualdade de oportunidades e dereitos, na que as tarefas de coidados non recaian sempre nas mulleres, na que as mulleres teñamos voz. Unha sociedade que non nos asasine polo feito de ser mulleres. Por estes motivos nace a convocatoria a unha folga de mulleres a todos os niveis: folga de coidados, folga laboral, folga de consumo e...
leer másDesde a Concellería de Igualdade do Concello de Ribadeo fan un chamamento ás mulleres para que participen no paro e na folga das mulleres convocada a nivel internacional para o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.
O paro está convocado desde as 12 da mañá até as 14:00 horas, cunha concentración diante do Concello ás 12:30 horas, “á que se unirán as mulleres doutros sectores, as estudantes, as paradas e as coidadoras que poidan parar, xa que todas non poden” .
No chamamento realizado desde a Concellaría de Igualdade explican que “temos moitos motivos para parar; non queremos que haxa nin unha menos; o noso traballo de coidados non se valora nin se visibiliza; non temos igualdade no emprego; os nosos corpos seguen a ser mercantilizados; queremos decidir por nós mesmas ser nais e non selo; somos insumisas ao...
leer másO Observatorio da Mariña pola Igualdade participa este domingo, 4 de marzo, na manifestación nacional do feminismo galego organizado arredor de Galegas 8m. Por diante, unha xornada reivindicativa cuxo lema principal 'Para transformar a vida das mulleres' encabezará a movilización que precede ás concentracións locais do 8 de marzo, día internacional das mulleres, e para a que aínda quedan prazas no bus que financia xunto a CIG e SLG (observatorioigualdade@gmail.com).
Na comarca da Mariña, o Observatorio da Mariña pola Igualdade leva días traballando nunha convocatoria aberta a todas as mulleres, que este ano estará acompañada polos ritmos do batuke que desde fai semanas ensaian as “batukeiras da Mariña” seguindo a iniciativa das Tamborililás de Compostela e doutras vilas galegas.
... leer más