O Castelo

03/10/2024

A Asociación Cultural Xuvenil O Castelo, de Alfoz, organiza un percorrido pola Ruta do Ferrocarril desde San Tirso de Abres ata A Pontenova para o día 13 de outubro, domingo.

Os participantes sairán en autobús desde a Casa do Concello de Alfoz ás 9:00 horas e a ruta comezará ás 10:00. Ao final da andaina, de 12 quilómetros, degustarán un aperitivo.

As prazas son limitadas e o xoves 10 de outubro é a data límite para anotarse.

“O domingo 13 de outubro ímonos de andaina! Saíndo dende San Tirso de Abres, recorreremos os túneles nos que nalgún tempo pasaron as vagonetas de camiño á Pontenova, lugar onde remata a ruta”, anuncia a asociación O Castelo.

 

11/05/2024

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, de Alfoz, convoca un certame de narrativa e debuxo co gallo do Día das Letras Galegas. O concurso terá dúas modalidades, unha de narrativa (relatos curtos) e outra de debuxo.

Haberá catro categorías: A, ata 5 anos; B, de 6 a 8 anos; C, de 9 a 11 anos; e D, de 12 a 16 anos e recibirán premios os autores dos mellores traballos de cada modalidade e categoría.

O prazo de presentación dos traballos remata o día 16 de maio de 2024. Os participantes deberán cubrir unha folla de inscrición para cada obra que presenten e entregar os traballos, xunto coa folla grampada na parte de atrás deste, na biblioteca da Casa da Cultura de Alfoz ou escaneados mediante o correo electrónico asociacion.ocastelo@gmail.com co asunto “Concurso...

leer más