A asociación O Castelo, de Alfoz, organiza un percorrido pola Ruta das Penas o 12 de outubro

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, de Alfoz, organiza un percorrido pola Ruta das Penas para o día 12 de outubro, domingo. A distancia é de 7,5 quilómetros e a dificultade é moderada.

As prazas son limitadas e o prazo para inscribirse remata o 9 de outubro.

“O domingo 12 de outubro organizamos a Ruta das Penas. Sairemos da Casa do concello de Alfoz ás 9:00 horas. Recomendamos levar roupa cómoda, botas de montaña ou calzado impermeábel e chuvasqueiro para que, toque o tempo que toque, disfrutemos dun gran día e rematar cun pequeno aperitivo”, anuncia a Asociación Cultural e Xuvenil o Castelo.