
A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo organiza a terceira edición do Día da Veciñanza de Alfoz, que será o día 10 de maio, domingo. Haberá sesión vermú desde as 13:00 horas e a comida comezará ás 14:00. Tamén se anuncian sorteos, actividades para nenos e nenas e a música será a cargo do dúo The Poker.
“Xa está preto o noso gran encontro veciñal! Nos esquezas que a data límite para anotarse é o 3 de maio. Para apuntarte só tes que chamar a calquera das asociacións das parroquias e así gozar dunha xornada única de festa e encontros”, anuncia a asociación O Castelo.


