O Valadouro celebra a súa XXXIX Semana do Teatro Amador do 1 ao 5 de setembro

A XXXIX edición da semana do teatro afeccionado do Valadouro celébrase desde este luns, día 1 de setembro, ata o venres 5. Todas as representacións serán no salón de actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro ás 22:00 horas con entrada de balde.

O Concello do Valadouro anuncia: “nesta edición contamos con cinco grupos da bisbarra da Mariña. Dous dos grupos é a primeira vez que se achegan ó escenario do Valadouro e o resto xa estiveron en varias ocasións polo escenario de Ferreira. A programación son 5 días ininterrumpidos desde o luns 1 ata o venres 5 de setembro de 2025. O luns 1 setembro o grupo Mecanismo Teatro, de Viveiro, representará a obra titulada Parad@s; o martes 2 o grupo de teatro da Asociación Cultural Recreativo Deportiva Aturuxeiros, de Bravos, representará a súa adaptación da obra Vaia co pronóstico; o mércores 3 o grupo de teatro O Batán, de Cangas, interpretará a obra de Francisco Piñeiro As promesas dos galos; o xoves 4 o grupo O Centiño, de San Martiño, escenificará Trepa, Tripa e Tropa, de Pepe Peinó; e o venres 5 o grupo fazourense A Adala representará a adaptación propia de Unha morta moi viva. Teatro de todas os estilos e vertentes para disfrutar de balde no Valadouro”.