O Concello do Valadouro convoca un concurso para deseñar o cartel do Mercado de Primavera

Con motivo da vixésima edición do Mercado de Primavera do Valadouro, que se celebrará o día 28 de marzo, o Concello convoca un certame para deseñar o cartel oficial do evento.

Poderá presentarse a este concurso o alumnado do IES Alfoz-Valadouro. O prazo para entregar os traballos remata o venres 27 de febreiro ás 20:30 horas.