Alaxe, no municipio do Valadouro, está de festas os días 23 e 24 de xuño

A parroquia de Alaxe, no municipio do Valadouro, está de festas os día 23 e 24 de xuño, martes e mércores.

O martes haberá cea popular e actuarán o grupo Montreal e a famosa cantante Pili Pampín.

E o mércores celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e despois haberá sesión vermú amenizada polo dúo Son do Val, que tamén ofrecerá unha sesión de tarde desde as 18:00 horas.