Petanca

Etiquetas:
30/09/2022

O Concello de Foz inaugurará este domingo, 2 de outubro, as primeiras pistas de petanca da Mariña. Son de dimensións regulamentarias (15 por 4 metros) e están situadas no parque de Uxío Novoneyra, remodelado recentemente.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, convida “a todos aqueles que teñan curiosidade polo xogo da petanca a achegarse este domingo ao parque, que está situado, para quen non coñeza a zona, na parte de atrás do supermercado Alimerka. Para a inauguración contamos coa colaboración do Club de Petanca de Ribadeo: varios dos seus membros van acudir este domingo para darnos unhas explicacións e ensinarnos a xogar. Quero agradecerlle ao presidente, ao secretario e a Alfonsina e o seu marido a implicación con este proxecto. Sorprendeunos moito a cantidade de xente de Foz que contactou con nós porque xa xogara á petanca noutras vilas e...

leer más