As festas patronais de Santa Cruz do Valadouro serán este domingo, 3 de maio

A parroquia de Santa Cruz, no municipio de O Valadouro, celebrará as súas festas patronais este domingo, día 3 de maio.

As actividades comezarán con misa solemne ás 13:00 horas e despois haberá procesión e sesión vermú coa orquestra Principal, que tamén amenizará o tardeo desde as 20:00 horas e con colchonetas gratis para os nenos e nenas.