cinefórum
Este venres, día 24 de outubro, ás 19:00 horas o Salón de Plenos da Casa do Concello de Burela acollerá o cinefórum titulado Olladas do Sur. Cinema en curto desde a África lusófona, unha actividade promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en colaboración co Concello de Burela.
O evento consistirá na proxección de tres curtametraxes procedentes de Cabo Verde, Mozambique e Guinea-Bissau, que abordan distintas temáticas vinculadas coa realidade destes países. Tras as proxeccións haberá un coloquio co público asistente, no que se reflexionará sobre os contidos e mensaxes das pezas audiovisuais.
O Concello de Burela explica que “Olladas do Sur ten como obxectivo dar a coñecer a realidade de Cabo Verde, Mozambique e Guinea-Bissau e a súa relación con Galicia, así como visibilizar a...
leer más