Espiritualidad

23/12/2025

O libro titulado Espiritualidad, escrito en base a reflexións de oito persoas de orientacións relixiosas diferentes sobre o tema do espírito, presentarase en Lourenzá (no salón de actos municipal) este sábado, día 27 de decembro, ás 18:00 horas.

Os autores son: Jesús Álvarez Piñón (sacerdote católico); David Val Pena (idealista espiritual);  Omar Choraifi Salmi Saidi (musulmán); Carlos Matías Nicieza García (ateo materialista); Eugenia Iglesias Flórez (visión holística); Vicente Míguez Salgueiro (cristián); Arturo Fernández Fernández (budista) e José Vázquez Peinó (coordinador).

21/10/2025

O libro titulado Espiritualidad, escrito por oito persoas, será presentado en Foz o día 31 de outubro, venres. Será ás 21:00 horas no salón de actos do CENIMA.

Os autores explican que “é, máis que un traballo, unha reflexión conxunta entre persoas que buscan a verdade interior por diferentes camiños, que tentan atopar o ben de diversas formas. Espiritualidad naceu dun programa coloquio en Radio Burela a principios do ano 2018, que se continuou logo a través de diálogos e entrevistas telefónicas ao longo de diversos meses, incluso na época da pandemia do COVID. Agora presentámosvos o froito de tanto diálogo e tanta busca neste libro”.

Os autores son: Jesús Álvarez Piñón (sacerdote católico, actual párroco de Viveiro); David Val Pena (idealista espiritual, locutor de Radio Foz e promotor do poboado...

leer más