
O primeiro Festival de Bandas organizado pola asociación cultural Ó compás do río Ouro celebrarase en Ferreira do Valadouro este domingo, 26 de xullo. Será ás 20:00 horas na praza Concepción Arenal.
“Este domingo celebramos o I Festival de Bandas de música no Valadouro. Estarán con nós a Banda Municipal de Música de Guitiriz e a Banda de Música de Foz. É todo un pracer contar con estas dúas bandas que teñen unha longa traxectoria e soan de luxo”, anuncia a asociación Ó compás do río Ouro.


