
O programa da Vicepresidencia da Deputación Un Gusto de Rural, un Rural Degusto, que promociona e pon en valor as carnes e os produtos derivados das razas autóctonas, estará presente nas festas de Galdo. en Viveiro. A partir das 21.30 horas do venres 25 de setembro haberá degustación de porco celta á brasa, grazas a colaboración con ASOPORCEL (Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta) e a Gandería Casa Labradela, de Xove.
A deputada provincial Iria Castro presentou a iniciativa acompañada por membros da Comisión de Festas de Galdo e de Asoporcel.
A Vicepresidencia da Deputación explica que “os programas de degustacións promovidas pola área de Rural en programas das festas ofrecen un escaparate para a promoción da calidade destes produtos e para a posta en valor do traballo das ganderías locais que se comprometen coa recuperación e conservación destas razas galegas e co mantemento do territorio. No que vai de ano, o programa da área de Rural promoveu degustacións en máis de trinta celebracións populares, mercados e feiras gandeiras”.


