Galdo, en Viveiro, celebra as festas de San Pantaleón e Santa María os días 27 e 28 de xullo

A parroquia de Galdo, no municipio de Viveiro, celebrará as festas de San Pantaleón e Santa María os días 27 e 28 de xullo, luns e martes.

A comisión organizadora dos festexos anuncia: “este ano, a través de Cultura da Deputación, acolléndonos ao programa Tradigalu, contamos coa axuda para poder traer ao grupo folk Fol do Raxal. Para poder chegar a este cartel das festas, as máis sinceras grazas para: familia Carneiro (donos do campo da festa); Alberto Frascuelo (dono dos campos anexos ao da festa); veciñas e veciños da parroquia de Galdo, que seguides sendo unha gran maioría as/os que continuades apoiándonos para poder chegar á vosa festa; amigos e coñecidos de fóra da parroquia; montes comunais de Galdo; institucións. Cada un de vós, na vosa medida, para nós un ano máis seguides sendo a nosa forza e a grandísima axuda e colaboración para poder chegar a poder facer estas festas patronais de Galdo”.

Ademais de Fol do Raxal actuarán nestes festexos as orquestras Ritmo Joven, Charleston Big Band, Principal e Saúdade.