Galdo
A presentación das festas foi onte e contou coa presenza da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e representantes da comisión de festas de San Miguel de Galdo.
Verbenas, actos relixiosos, degustación de carne de porco á brasa… e a oportunidade de pasar un bo rato con familiares e amigos.
O sábado haberá servizo de autobús gratuíto para a verbena desde a estación de autobuses.
A Asociación de Veciños Camiño de Galdo presentou xunto á alcaldesa de Viveiro, María Loureiro Garcia, o programa da Festa do Entroido que organiza coa colaboración do Concello.
A cita na parroquia viveirense ten o seu día grande o 25 de febreiro, xornada na que celebrará o Sábado de Piñata cunha festa que inclúe a actuación do Grupo Folixa de Asturias.
“Dende o Concello temos a responsabilidade e a obriga de apoiar ás iniciativas que xorden dende as Asociacións Veciñais como é o caso desta cita tan arraigada na parroquia de Galdo”, subliña a rexedora.
“Quero aproveitar para transmitir a miña gratitude e parabéns ás numerosas persoas que traballan para dinamizar a vida social e cultural de Galdo”, engadiu María Loureiro.
Dende as 22:30 horas comezará unha festa...
leer más