
O colectivo Galdo Maxín anuncia un novo encontro de Galicia Latente, “un espazo aberto para compartir, reflexionar e poñer en valor o que nos define como pobo. Galicia Latente é unha iniciativa independente centrada no estudo e valorización da identidade cultural galega, tecida entre persoas, entidades e territorios que constrúen o noso porvir común.
Neste encontro falaremos da lingua, o territorio, as innovacións culturais e as testemuñas que fan viva a nosa cultura”. Será este sábado, día 1 de novembro, as 19:00 horas no bar Casa Eladio.
A duración aproximada do coloquio é 1 hora e a organización recomenda inscrición previa a través do teléfono 651.394.286.
“Colaboran Galdo Maxín, Casa Eladio, Panadería de Galdo e Os Negativos. Ao rematar, gozaremos de música tradicional e despediremos a xornada cunha queimada con conxuro”, anuncian os organizadores desta actividade, que engaden que é “un encontro para recoñecérmonos, dialogar e fortalecer o que nos une: a identidade galega”.


