comercio
Chega a fin de semana sen IVE a varios establecementos comerciais asociados ao Centro Comercial Aberto de Foz. Durante os días 23 e 24 de xuño, coincidindo coa IV Festa Vintage, haberá descontos especiais en 5 Lobiños, Chinela Nenos, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Lourdes Lencería y Baño, María Docampo, Vagaluz, Vas’s, Vas’s Outlet e Zapatería Carmen León.
Todo está listo en Foz para a celebración da 4ª Festa Vintage, que nesta ocasión estará dedicada aos anos 80. Durante toda a fin de semana haberá moitas actividades, tapas e menús vintage e o sorteo presencial de 1.000 euros en vales de compra.
Un total de 15 locais hostaleiros ofrecerán durante as dúas xornadas, 23 e 24 de xuño, tapas vintage a 1,50 euros e menús vintage por 15 euros. Os participantes son: A Funcional, A Viela, Aroma, Anduriña, Mayros, Costumes do Mar, Fraggle...
leer másAcisa pon en marcha unha campaña para fomentar as compras e as visitas a Ribadeo durante as xornadas dos domingos. Domingueo en Ribadeo, ese é o slogan elixido pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos para animar as mañás dominicais.
O presidente de Acisa, David Martínez, explica que “o que queremos é que a xente teña moi presente que os domingos pola mañá, desde hai moitos anos, o comercio de Ribadeo abre as súas portas para facilitarlles as compras. Queremos que os veciños e veciñas da comarca da Mariña, do Occidente asturiano, e tamén doutros puntos como Lugo, Avilés ou Xixón, por exemplo, veñan tomar uns viños, vermús, que veñan tomar o aperitivo ou xantar á nosa hostalería, que veñan mercar roupa, agasallos, complementos ou mesmo a prensa ou o pan ao nosos locais asociados. Calquera día é bo para vir a...
leer másAcisa ultima os preparativos da VI Cea de Gala que terá lugar o vindeiro venres, día 17, ás 21:30 horas no hotel restaurante Voar, de Ribadeo. No evento entregaranse os premios anuais da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, que este ano recaen en Antonio Pertejo Castaño e no restaurante A Cofradía, de Rinlo.
Antonio Pertejo recibirá o premio Ribadense Honorífico, “como empresario histórico ribadense de grande relevancia”, sinalan desde a directiva de Acisa. E como Socio do Ano o premio é para o restaurante A Cofradía “pola súa traxectoria como asociado de Acisa e por ser un negocio próspero que está facendo medrar a proxección turística de Rinlo e de Ribadeo”.
Desde Acisa animan “a todos os asociados e asociadas a que acudan a esta cita anual na que se comparten vivencias e experiencias. Será unha velada...
leer más












