comercio
O Concello de Mondoñedo e a ACIAM, na súa labor a prol do comercio local, ben de rematar un traballo de varios meses de recollida de datos para a creación dunha Guía do Comercio Local.
Tras varias comunicacións á cidadanía solicitando a súa colaboración ao longo deste tempo, chegáronse a recoller máis de 300 negocios que agora van a saír á luz nunha guía de man.
Neste momento, os datos recollidos, antes da edición, pasan a exposición pública ata o día 15 de setembro (incluído) para correccións de erros da mesma por parte dos interesados.
Esta exposición pública está nas oficinas centrais do Concello de Mondoñedo e na Oficina de Turismo, onde haberá unha copia impresa para que os interesados a poidan revisar, corrixir ou aumentar as referencias da mesma.
O Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha nova edición da súa campaña Comercio na Rúa, que terá lugar os días 26 e 27 de xullo.
Trinta establecementos da vila ofrecerán interesantes descontos durante esas dúas xornadas nas que exporán os seus artigos nas rúas da vila, agás algún deles que o fará no seu interior. As ofertas abarcarán todo tipo de produtos e servizos ofrecidos polos distintos locais adheridos a esta iniciativa. Segunda subliñan desde o CCA “en caso de que o tempo non acompañe os locais ofrecerán os descontos no interior”.
Os comercios participantes este ano na campaña Comercio na Rúa son: 5 Lobiños, Alma Libre, Arrullos, Briz Peluquería, Buxo Xogos, Carmen León Zapatería, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Din y Don, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, La...
leer másFoz vivirá un fin de semana comercial co inicio das rebaixas de verán e a celebración da 6ª Festa Vintage, que organiza o CCA.
Os comercios participantes na nova edición da Festa Vintage ofrecerán descontos especiais durante esas dúas xornadas. Trátase de Vagaluz, Hola Ola, 5 Lobiños, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Don Zapato, Alma Libre, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Vas´s, Vas´s Outlet, Longarela, Chinela Nenos, Lourdes Lencería y Baño, Chuvia, María Docampo, Sueños, N1 Deportes, Xanela Complementos e Agasallos, La Flor Abulense, Arrullos, Calzados Pirde, Unique-2 e Lencería Esther.
A fin de semana do 28 e 29 de xuño será un bo momento para facerse con prendas de temporada no comercio focense asociado ao CCA a prezos moi interesantes. Con esta cita darán comezo as rebaixas de verán.
... leer másO 29 de xuño terá lugar un obradoiro destinado aos nenxs que leva por título "O pequeno comercio para os mais pequenos". Vaise desenvolver no centro de ocio infantil Con Sentidiño, que é un establecemento asociado a Acisa. A actividade, que é gratuíta, dará comezo ás 19 horas.
Segundo explica o xerente de Acisa, Jesús Pérez, “trátase dun taller de consumo no comercio local destinado aos máis pequenos e pequenas da casa”.
Pérez sinala que “o obradoiro dará comezo cun contacontos orientado aos nenos e nenas que lles pretende ensinar que coa compra local gañamos todos e conseguiremos un futuro mellor”.
Desde a xerencia da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos indican que “esta actividade estase a desenvolver en diferentes lugares de España. Desde Con Sentidiño...
leer másDurante todo o mes de xuño chegará ás veciñas e aos veciños da comarca a nova campaña de concienciación da FCAM Compra na Mariña, desvirtualízate co obxectivo de potenciar as compras no comercio local. Preséntase en varios formatos: con chapas/pins, que lucirán os empregados dos establecementos asociados; con servilletas, que estarán presentes nos locais hostaleiros; con vallas publicitarias e con anuncios en radio, en prensa, no cine, na televisión e nas redes sociais para tentar chegar ao maior número de persoas posible. Un dos principais destinatarios da campaña é a xente nova, que é a que máis compra a través de internet.
Compra na Mariña, desvirtualízate é unha campaña pensada en positivo, na alegría que supón saír de compras no comercio local e no orgullo que debemos sentir por sermos mariñáns. Os cinco sentidos son protagonistas...
leer másO Comercio na Rúa desenvolverase os días 17, 18 e 20 de abril. Os 25 comercios participantes ofrecerán descontos especiais e instalarán os seus postos na rúa. Desde o CCA advirten que “en caso de mal tempo os establecementos ofrecerán os descontos no interior dos seus locais”.
Os comercios sumados a esta iniciativa son: 5 Lobiños, Alma Libre, Arrullos, Briz Peluquería, Carmen León Zapatería, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Din y Don, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Librería Bahía, Longarela, Lourdes Moda Íntima, María Docampo, N1 Deportes, OfiFoz, Sensación Surf, Sueños, Unique-2, Vagaluz, Vas´s, Vas´s Outlet e Xanela. Algún destes establecementos, polas características da súa actividade, ofrecerán os seus descontos no interior do local.
Na campaña organizada polo CCA colaboran o Concello de Foz e...
leer másO Centro Comercial Aberto de Foz organiza a campaña Comercio na Rúa que se desenvolverá os días 17, 18 e 20 deste mes de abril, coincidindo coa Semana Santa.
Os 25 comercios participantes ofrecerán descontos especiais e instalarán os seus postos na rúa. Desde o CCA advirten que “en caso de mal tempo os establecementos participantes ofrecerán os descontos no interior dos seus locais”.
José Carlos Paleo, o presidente do colectivo empresarial, sinala que “é un bo momento para facerse con artículos de tempada a prezos interesantes”.
Os comercios sumados a esta iniciativa son: 5 Lobiños, Alma Libre, Arrullos, Briz Peluquería, Carmen León Zapatería, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Din y Don, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Librería Bahía, Longarela, Lourdes Moda Íntima, María...
leer másA Federación de Comercio A Mariña acordou na xuntanza celebrada nas últimas horas realizar unha campaña para promocionar e darlle visibilidade ao comercio local durante o vindeiro mes de xuño. Segundo explica o presidente da FCAM, José Carlos Paleo, “esa campaña, que presentaremos nos últimos días do mes de maio, estará nas redes sociais, na prensa, na radio, no cine e tamén na televisión. Imos facela coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Lugo”.
A FCAM tamén agradeceu e valora de xeito positivo a colaboración do xornalista Pedro Madera na reportaxe realizada para a revista Marca Motor, publicada este mes de abril, “e na que achegou a nosa comarca a máis de 100.000 persoas. Madera fixo un percorrido entre Ribadeo e O Vicedo no que propón a visita a diferentes lugares de interese da Mariña como a Basílica de San...
leer másO Centro Comercial Aberto de Foz fará mañá, sábado, entrega dunha bandeira de grandes dimensións destinada á afección do equipo de baloncesto local, o Celtas CCA de Foz. Será antes do encontro que os enfrontará en Marzán ao Allariz ás 18:00 horas.
A bandeira mide 54 metros cadrados (9x6) e servirá para animar aínda máis ao Celtas CCA de Foz, desde as bancadas do pavillón de Marzán. O equipo de baloncesto focense conta co patrocinio da ACIA/CCA focense. No acto de mañá, 19 de xaneiro, participarán o presidente, José Carlos Paleo, así coma o presidente do Celtas, Miguel Fraga, e directivos tanto de Acia como do club.
Acisa Ribadeo ultima os detalles do sorteo de 5.000 euros en vales de compra na VIII Festa do Comercio que se celebrará este sábado, 12 de xaneiro, a partir das 20:30 horas no parque de San Francisco, na carpa na que estivo instalada a pista de xeo.
Todas as persoas que están a realizar as súas compras nos establecementos asociados a Acisa desde o pasado 1 de decembro e ata o vindeiro sábado entrarán no sorteo de importantes premios.
Desde a xerencia de Acisa, Jesús Pérez, lembrou que “a contía que destinamos aos premios son 5.000 euros en vales de compra para gastar no comercio local asociado nun prazo de dous meses. Nesta edición da Festa do Comercio queremos dar premios grandes e así establecemos un primeiro de 2.000 euros en vales de compra, un segundo de 1.000 euros, un terceiro de 500 euros e dous cuartos de 250 euros cada un...
leer más