
Centos de persoas asistiron en Ribadeo á XV Festa do Comercio de Acisa. A carpa da avenida Rosalía de Castro e a propia rúa quedaron pequenas para acoller a toda a xente que non quixo perder esta tradicional cita coa que se pon o broche de ouro ao Nadal na vila ribadense.
O acto contou coas intervencións do alcalde, Dani Vega, do director xeral de Comercio da Xunta, Gabriel Alén, e da presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, que agradeceu a fidelidade nos negocios locais demostrada coas 180.000 rifas repartidas desde o pasado 5 de decembro para este importante sorteo, que repartiu 5.000 euros en vales de compra e unha viaxe a Menorca para dúas persoas.
O premio non presencial, dotado con 250 euros en vales de compra, foi para o 98.907, entregado en Ágora. A persoa afortunada ten ata o 30 de xaneiro para reclamar o seu premio.
O premio de 250 euros en vales de compra foi para o 65.353, rifa entregada na Mirandilla. O afortunado foi Raúl Rodríguez, de Rinlo.
O premio de 1.000 euros en vales de compra correspondeulle ao número 123.491. A rifa foille entregada por unha compra realizada en Óptica Carreira. A afortunada foi Paula Montero, de Mondoñedo.
O premio de 1.500 euros en vales de compra foi para o número 63.665, papeleta entregada en Ribamueble. A afortunada foi Ana Isabel Pérez, de Lugo.
O premio de 2.000 euros en vales de compra foi para o número 142.404, rifa entregada en La Solana. O afortunado foi Ricardo López, de Ribadeo.
E a viaxe a Menorca para 2 persoas foi para o número 168.039. A papeleta foi entregada en Grisi e o afortunado foi Carlos De La Cuétara, de Ribadeo.
Na entrega de premios participaron o alcalde, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, o director xeral de Comercio, Gabriel Alén, o responsable de Gestión Gratelu e Multitrasteros, Pablo Posada, así como @s directivos de Acisa, José Ramón Leal, Trinidad Otero e Manoli Torviso, a presidenta do colectivo empresarial, Carmen Cruzado, e o xerente, Jesús Pérez.
Asistiron tamén á XIV Festa do Comercio de Acisa concelleiras e concelleiros da Corporación Municipal de Ribadeo así como deputados autonómicos. O evento foi conducido polo xornalista Félix Jorquera.


