coche
A Deputación de Lugo anuncia que o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e o presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas López, presentaron O Gran Sorteo do Pequeno Comercio de Lugo, unha campaña que “ten como principal atractivo o sorteo dun vehículo híbrido”. O coche, que se deu a coñecer durante o acto de presentación, sortearase o día 3 de decembro.
A campaña desenvolverase ata o 30 de novembro, co obxectivo de “incentivar o consumo nunha época especialmente complicada para o comercio minorista, unha vez rematadas as campañas da volta ao cole e antes do inicio dos grandes gastos do Nadal. Para participar os consumidores deberán realizar unha compra por un importe igual ou superior a 10 euros nun establecemento de comercio de proximidade da provincia de Lugo e rexistrar o tícket na...
leer más



