Café concerto
Este sábado, día 21 de febreiro, ás 21.30 horas na Sala Bahía, a Escola Municipal de Música Arcadio Mon, de Foz, programa unha actuación coa súa aula de música de moderna. Este concerto, con estilos coma o pop, rock, blues ou jazz, contará con servizo de barra para simular o ambiente dun café concerto coa mellor música en directo interpretada polos alumnos da escola de música municipal.
“A Sala Bahía acollerá este concerto de pequenos e grandes no que desfrutaremos de pezas de música contemporánea e recoñecida por todos”, explica a concelleira de Cultura, que engade: “a idea é simular con mesas e cadeiras e un pequeno servizo de bebidas co que poder tomar un refresco e gozar da música”.
“A Escola de Música de Foz ten algo especial. O bo ambiente transmítese en cada actuación que fan, por iso non me sorprende que...
leer más



