Sala Bahía
Este sábado, día 21 de febreiro, ás 21.30 horas na Sala Bahía, a Escola Municipal de Música Arcadio Mon, de Foz, programa unha actuación coa súa aula de música de moderna. Este concerto, con estilos coma o pop, rock, blues ou jazz, contará con servizo de barra para simular o ambiente dun café concerto coa mellor música en directo interpretada polos alumnos da escola de música municipal.
“A Sala Bahía acollerá este concerto de pequenos e grandes no que desfrutaremos de pezas de música contemporánea e recoñecida por todos”, explica a concelleira de Cultura, que engade: “a idea é simular con mesas e cadeiras e un pequeno servizo de bebidas co que poder tomar un refresco e gozar da música”.
“A Escola de Música de Foz ten algo especial. O bo ambiente transmítese en cada actuación que fan, por iso non me sorprende que...
leer másO Concello de Foz, en colaboración con Sanbet Agencia, estrea nova tempada do Baile dos domingos na Sala Bahía. En horario de 20 a 23 horas e cun prezo de cinco euros, esta semana actuará La Clave. O día 13 de outubro será a quenda do dúo Maracaibo, o día 20 actuará o dúo Venus e o 27 pechará Carlos Manteiga o mes de outubro.
A concelleira de Asuntos Sociais, Ana Rojo, anuncia: “comezamos nova tempada, outono-inverno, do baile dos nosos maiores. Unha actividade de divertimento, moi motivadora e gratificante para eles, onde ademais de facer exercicio físico con baile, escoitan música, interactúan e se relacionan. É a mellor das terapias para o seu benestar, físico, mental e emocional, a ben chamada bailoterapia. Dende o Concello queremos fomentar unha participación proactiva das persoas maiores, un espazo de encontro onde poidan ampliar...
leer más




