O Concello de Foz presenta este sábado, 21 de febreiro, un espectáculo estilo café concerto coa Escola Municipal de Música Arcadio Mon

Este sábado, día 21 de febreiro, ás 21.30 horas na Sala Bahía, a Escola Municipal de Música Arcadio Mon, de Foz, programa unha actuación coa súa aula de música de moderna. Este concerto, con estilos coma o pop, rock, blues ou jazz, contará con servizo de barra para simular o ambiente dun café concerto coa mellor música en directo interpretada polos alumnos da escola de música municipal.

“A Sala Bahía acollerá este concerto de pequenos e grandes no que desfrutaremos de pezas de música contemporánea e recoñecida por todos”, explica a concelleira de Cultura, que engade: “a idea é simular con mesas e cadeiras e un pequeno servizo de bebidas co que poder tomar un refresco e gozar da música”.

“A Escola de Música de Foz ten algo especial. O bo ambiente transmítese en cada actuación que fan, por iso non me sorprende que se prestaran a unha iniciativa coma esta: inmellorable”, finaliza o alcalde, Fran Cajoto.