Alto da Cadeira

07/08/2026

O Concello de Trabada anuncia que Trabadela e o Alto da Cadeira “serán os escenarios dunha intensa fin de semana festiva en Trabada, con actividades que combinarán gastronomía, música, tradición e lecer para todas as idades”.

A programación comezará o venres 7 de agosto ás 21:00 horas coa churrascada de Trabadela, que dará paso a unha verbena amenizada por Ana Sánchez, nunha cita organizada pola comisión de festas.

O sábado 8 de agosto celebrarase unha nova edición da XXIII Xira da Cadeira, “unha das citas máis consolidadas do verán no municipio”. A xornada arrancará ás 10:30 horas coa segunda edición do Campionato de Balinera (carabina), organizado polo Concello de Trabada, cunha inscrición gratuíta e no que as balineras serán facilitadas pola organización. A continuación terá lugar a procesión en honra a San...

leer más