Chamada

Etiquetas:
28/11/2020

O Concello de Burela pon en marcha a campaña Queres falar con Papá Noel?. Os país, nais ou titores legais dos pequen@s deberán solicitar, a través da web, que Papá Noel se poña en contacto con eles nas vindeiras datas de Nadal. O prazo de inscrición remata o día 17 de decembro.

As persoas interesadas terán que solicitar esa chamada a través da web www.nadal2020.es onde aparecerá un apartado chamado Rexistro no que deberá marcarse o de Burela. Despois da inscrición, e de marcar a data e a hora, deberá terse dispoñible o teléfono móbil a través do que se vai establecer a comunicación.

A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, declara que “este ano é diferente dos demais e os nosos nenos e nenas non poderán sentarse no colo de Papá Noel para contarlle que é o que lles...

leer más