Portocelo, en Xove, celebra as súas festas patronais do 5 ao 7 de setembro

A parroquia de Portocelo, no concello de Xove, preparase para celebrar as súas festas patronais na honra da Nosa Señora, desde este venres, día 5 de setembro, ata o domingo 7.

O Concello de Xove explica que “a comisión organizadora está na man da Asociación de Festexos A Medorra, cuxa dirección está formada por Jordi Meitín, Julio Lamelas e Borja Cociña. Nesta ocasión Jordi e Borja,  acompañados pola concelleira de Cultura, María Dolores Meitín, fixeron a presentación do cartaz das festas”.

O venres día 5 arrancan a súa programación coa festa do lagostino e do churrasco, a partir das 21:00 horas, e a verbena estará amenizada polo dúo Epo-k e o grupo Da Silva.

O sábado haberá misa solemne, sesión vermú, campionato de bolos pola tarde e verbena desde as 22:30 horas co grupo D Kris, a orquestra El Combo Dominicano e a Disco Móbil Conxuro, con servizo de autobuses dende Viveiro, San Ciprián, Burela e Foz.

E xa remataran as festas o domingo coa sesión vermú prolongada amenizada polo Trio Karma.

A comisión invita á veciñanza e a aos visitantes a achegarse este fin de semana a Portocelo, a celebrar estas festas parroquiais “nun ambiente festivo e acolledor”.

A concelleira María Dolores Meitín destaca que “as inmediacións desta praia de Portocelo, de areas  finas e augas cristalinas, será un entorno natural  perfecto que invita a vir pasar unhas xornadas de confraternidade e diversión garantidas”.