Festas

Etiquetas:
24/07/2025

Vilela, no concello de Ribadeo, celebra as festas do Carme este sábado, día 26 de xullo.

As actividades comezarán ás 12:30 horas con procesión coa Virxe do Carme, a Virxe das Dores e San Marcos acompañada por gaiteiros. Ás 13:00 celebrarase misa solemne e ás 14:00 horas empezará a sesión vermú co dúo Belinda.

De 17:00 a 20:30 horas haberá festa para nen@s, con inchables e toro mecánico. Ás 18:00 actuará o dúo Belinda e realizarase un sorteo sorpresa. E ás 22:00 horas empezará a verbena coas orquestras Alabama e Madastur.

Etiquetas:
23/07/2025

A parroquia de Reinante, no concello de Barreiros, celebra as festas do Santiago este venres, día 25 de xullo.

Ás 13:00 horas haberá misa solemne cantada pola Coral da Devesa, seguida de procesión acompañada polo grupo folclórico O Arco da Vella. A continuación, sesión vermú co grupo Lecer, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo Los Adrianos.

Etiquetas:
22/07/2025

A parroquia de Sargadelos, no concello de Cervo, xa se prepara para vivir as tradicionais festas na honra a Santiago Apóstolo, que terán lugar os días 24, 25 e 26 de xullo de 2025. O evento está organizado pola Asociación Amigos da Troula e o Concello de Cervo, que convida a toda a veciñanza e visitantes a participar desta cita festiva, cultural e deportiva.

O programa comeza o xoves 24 de xullo ás 20:00 horas, coa tradicional espetada moura, amenizada polos grupos locais Cordenaia e As Grileiras. Ás 22:00 horas comezará a verbena coa Discomóbil Conxuro e ás 23:00 ofrecerase o concerto de Roi Casal, un dos pratos fortes das festas. A verbena continuará con Conxuro Discomóbil.

O venres 25, Día do Patrón, haberá misa solemne e procesión ás 13:00 horas, seguida dun pasacalles e baile a cargo do grupo tradicional...

leer más
22/07/2025

A asociación Barrio dos Muíños, de Mondoñedo, organiza as Festas de Santiago os días 24 e 25 de xullo, xoves e venres.

As actividades comezarán o xoves ás 22:00 coa actuación do dúo Sensación. E a partir das 23:30 horas a música correrá a cargo de Discomóvil The Sound Project.

E o venres celebrarase misa solemne ás 12:15 horas e despois haberá procesión coa participación do grupo folclórico Os Carricantos. Ás 14:00 horas empezará a sesión vermú co dúo Epo-K e a partir das 21:30 horas actuará Discomóvil The Sound Project.

21/07/2025

A parroquia de Celeiro de Mariñaos, no concello de Barreiros, celebrará as festas na honra a Santa Cristina os días 24 e 25 de xullo, xoves e venres.

As actividades comezarán o xoves ás 13:00 horas cunha misa cantada pola Coral Polifónica de Burela e despois haberá procesión e sesión vermú co grupo Fénix, que tamén actuará na verbena xunto a Los Waikas.

E o venres celebrarase misa ás 13:00 horas e a continuación haberá procesión e sesión vermú co dúo Eclipse, que tamén actuará na verbena.

Etiquetas:
21/07/2025

Celeiro, no concello de Viveiro, celebra as Festas Patronais e do Mar do 24 ao 27 de xullo, organizadas pola asociación Xuventudes Chilindrinas.

As actividades comezarán este xoves, día 24 de xullo, ás 20:00 horas coa Festa da Empanada, que estará amenizada polo cantante Joni Ramos. Desde as 22:00 horas haberá verbena co Grupo Beatriz e Alejandro Martínez.

O venres 25, día de Santiago Apóstolo, ás 11:30 horas farase o chupinazo e ás 12:00 horas celebrarase misa na honra a Santiago cantada pola Coral Polifónica Alborada, de Viveiro. Despois terá lugar a procesión coa música da Banda Naval e ás 14:00 horas haberá sesión vermú co grupo Eureka. Ás 18:00 horas disputarase un partido de solteiros contra casados na praia de Celeiro. E ás 22:30 horas empezará a verbena a cargo do grupo Eureka, a orquestra Gran Parada e...

leer más
Etiquetas:
21/07/2025

A parroquia de Lagoa, no concello de Alfoz, celebrará a feira e festas na honra a Santiago Apóstol e Santa Ana os días 24, 25 e 26 de xullo de 2025.

As actividades comezarán este xoves, día 24, ás 21:00 horas con sardiñada, torrezmada e chourizada (con servizo de mesas e bancos). A continuación haberá festa verbena co dúo Belinda e DJ Pataquiña.

O venres ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e despois sesión vermú amenizada pola orquestra Magos de España, que tamén actuará na verbena.

E o sábado ás 13:00 horas haberá misa solemne e a continuación sesión vermú amenizada por unha banda de música e o dúo Crazy.

O recinto da festa estará cuberto con carpa, anuncia a organización, que corre a cargo da asociación veciñal San Vicente de Lagoa.

Etiquetas:
18/07/2025

A parroquia de Couboeira, no concello de Mondoñedo, celebra as súas festas patronais, na honra a Santa María Magdalena e San Antonio este domingo, día 20 xullo.

Ás 13:30 horas celebrarase misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú amenizada pola orquestra Alianza, que tamén actuará na verbena, a partir das 21:30 horas. Tamén haberá foguetes de artificio.

Etiquetas:
18/07/2025

A parroquia de Bravos, no concello de Ourol, celebrará as festas na honra a Santiago Apostol os días 24 e 25 de xullo, xoves e venres.

As actividades comezarán o xoves ás 21:00 horas cunha churrascada e de seguido haberá verbena co dúo Dilema e Jorge Menéndez.

O venres 25 ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión;  a continuación haberá sesión vermú prolongada co grupo Superstar e xantar popular (para participar hai que reservar e o prazo remata o 20 de xullo).

Estas festas están organizadas pola Asociación de Veciños Vilar Ponte, de Bravos.

Etiquetas:
18/07/2025

Cesuras, en Mondoñedo, celebra as festas na honra a Santa Margarita esta fin de semana, o sábado 19 e o domingo 20 de xullo

O sábado haberá misa ás 13:00 horas e despois sesión vermú co dúo Maracuyá, que tamén actuará na verbena xunto ao DJ Peabody.

E o domingo celebrarase misa ás 13:15 horas e a continuación sesión vermú co dúo Son de Festa.