Landrove (Viveiro) celebra as festas de San Martín Castelo os días 22, 23 e 31 de maio

A parroquia de Landrove, no municipio de Viveiro, celebrará as festas na honra a San Martín Castelo os días 22, 23 e 31 de maio.

As actividades comezarán este venres, día 22 de maio, co Día do Comuneiro, que será desde as 23:00 horas e estará amenizado polo dúo Estrellas.

Este sábado 23 a partir das 13:30 horas haberá misa cantada polo Coro Parroquial de Landrove e a continuación sesión vermú co grupo Pasión, que tamén amenizará a verbena coa orquestra Galilea.

E o domingo 31 maio celebrarase unha procesión a partir das 11:00 horas con saída da igrexa de Landrove cara á Ermida pola ruta do Viacrucis. Ás 13:30 horas terá lugar unha misa e a continuación actuará o dúo Soni2

Estes festexos están organizados pola Comunidade de Montes San Martín Castelo e Fraga Moura Campo, que destaca que o campo estará cuberto con carpa.