Ramo
O Alto do Cruceiro, en Xuances (Xove), celebrará a Festa do Ramo os días 6, 7 e 8 de outubro, de venres e domingo. O campo estará cuberto por unha gran carpa.
O venres a partir das 20:00 horas terá lugar a XV Festa dos Callos. Cada ración con pan e viño ten un prezo de 7 euros. E ás once da noite empezará a verbena amenizada pola orquestra Marbella e a discomóbil Conxuro.
O sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. Despois haberá sesión vermú coa orquestra Galia, que tamén amenizará a verbena, acompañada pola discomóbil Conxuro.
E para o domingo ás 13:00 horas está programada sesión vermú prolongada, na que actuará o dúo D’Caché.
Esta Festa do Ramo está organizada pola Asociación Cultural e de Festexos Alto do Cruceiro por décimo cuarto ano consecutivo. Terá lugar o venres 30 de setembro, sábado 1 e domingo 2 de outubro no Alto do Cruceiro.
Esta festa foi recuperada despois de 14 sen celebrarse. Será no Campo da Festa Onofre Louzao, un recinto inaugurado hai cinco anos en honra de Onofre Louzao, máximo promotor desta festa e falecido hai 7 anos. Este recinto está ubicado nas inmediacións do centro social do Alto do Cruceiro, a uns 150 metros da estrada nacional Viveiro-Ribadeo, polo que acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Desde a organización sinalan que “ainda que esperamos e desexamos con todas as nosas forzas ter uns bos días climatolóxicos, pode que non sexa así, polo que dispoñemos dunha gran carpa. Para unha maior comodidade dos visitantes dispoñemos de...
leer más